Premede na imaxe para entrar na páxina da Univ. de Porto
A Biblioteca dos Ollos Grandes dábanos a coñecer hai uns días no seu blog un curso de verán para alumnos de ciencias que pode ser moi interesante. Na entrada dicían o seguinte:
"O Departamento de Física e Astronomia da Faculdade de Ciências da Universidade do Porto vai, a semellanza dos anos pasados, promove unha Escola de Verão de Física para estudantes de 4º de ESO e 2º de Bacharelato. É unha oportunidade única para que os alumnado interesado en Física e/ou Matemáticas se deixe levar pola curiosidade e a creatividade, aprofundando en temas fundamentais,como o da orixe do universo, as últimas novidades tecnolóxicas, telecomunicacións, aplicações da Física á Medicina, etc.
Neste ano, escollerán 90 persoas para participaren en actividades diversas; especial dedicación vai ter o desenvolvemento dun pequeno proxecto científico, coas fases de aprendizaxe e pesquisa, execución experimental e computacional, apresentación e discusión. Cada participante poderá aínda visitar os Centros de Investigación do Departamento de Física, podendo contactaren directamente con investigadores e alumnado de doutoramento. Paralelamente, haberá os mini-cursos "Teoria da Relatividade" e "Da Mecânica Quântica às Nanotecnologias", así como varias charlas de divulgación científica.
A Escola de Física está convocada para a semana que media entre o 28 de agosto e o 2 de setembro.
O prazo para apresentar as solicitudes de participación acaba o día 31 de maio."
SE QUERES INSCRIBIRTE PREME AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario