A NOSA FRASE DA PAZ 2016

Elexida polos nosos seguidores/lectores:

"Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño"

Ghandi


26/11/09

CENTENARIO DE IONESCO

Hai hoxe cen anos nacía en Rumanía E. Ionesco, que acabaría converténdose nun dos principais representantes do teatro do absurdo.
A súa obra, malia estar chea de sentido do humor, reflicte un punto vista pesimista dos seres humanos, característico deste tipo de teatro, mediante a utilización de xogos de palabras sen sentido e a creación de ambientes sufocantes, que poñen de manifesto a nosa incapacidade para entendernos e o ridículo da existencia.
Asociado ao movemento surrealista, Ionesco ten o mérito de conseguir conquistar a un público afeito ao teatro realista.
En 1950 A cantante calva lanzaríao ao estrelato. Logo viría A lección, As cadeiras, Vítimas do deber e moitas outras, entre as que destaca especialmente O Rinoceronte.
Hoxe queremos lembralo cun fragmento da súa obra A Lección:
-Profesor: Ben. Arimeticemos un pouco. [...]
-Alumna: Si, señor.Un,..dous,...pois
-Profesor: Sabe vostede contar ben? Ata cantos sabe contar?
-Alumna: Podo contar... ata o infinito.
-Profesor: Iso non é posible, mademoiselle.
-Alumna: Si, señor.
-Profesor: Como vostede queira. Perfecto. Vostede ten, pois, dez dedos.
-Alumna: Si, señor.
-Profesor: Cantos tería se tivese cinco?
-Alumna: Dez, señor.
-Profesor: Non é asi!
-Alumna: Si, señor.
-Profesor: Dígolle que non!
-Alumna: Vostede acaba de dicirme que teño dez!
-Profesor: Díxenlle tamén, inmediatamente despois, que vostede tiña cinco!
-Alumna: Pero non teño cinco, teño dez!
-Profesor: Procedamos doutro xeito... Limitémosnos aos números do un ao cinco para a substracción... Preste atención, mademoiselle, e vaino ver. Vou facer que comprenda.
N' A Lección o argumento é mínimo: unha rapaza de 18 anos acode á casa dun profesor para ampliar os seus estudos en matemáticas, lingua, etc...máis as clases acabarán sendo un suplicio. A medida que avanza a acción, a alumna irá perdendo vitalidade e o profesor irá impoñendo o seu poder, mentres por detrás a criada vai movendo os fíos da trama.
Como di Barceló, o actor que interpretou ao profesor este verán no Teatro Español de Madrid:
"En realidad este profesor no quiere enseñar nada a la alumna, sólo quiere impresionarla y controlarla"... "Se trata de alguien que tiene una información y utiliza este conocimento para ejercer un poder sobre otra persona. Esta es la metáfora de la obra, que puede aplicarse a cualquier faceta, desde los medios de comunicación hasta la política o el deporte."
N' A Lección, a incomunicación, tema recorrente na obra de Ionesco, aparece como predominante: os protagonistas falan sen parar, pero as súas palabras só serven para poñer de relevo que non teñen capacidade para entenderse porque están baleiras de significado.


Se Ionesco vivira aínda, seguro que atoparía nos medios de comunicación innumerables argumentos para escribir moitas obras máis.

Ningún comentario:

ETIQUETAS

a lingua (24) A.FdezPaz (4) acoso-bullying (6) actividadeBiblio (116) actualidade (36) adolescencia (4) alfin (2) amor (24) animación (15) arqueoloxía (9) arte (20) astronomía (10) audio (3) audiovisual (33) autores (49) baile (4) bibliotecas (72) bioloxía (6) cartel (5) centenario (16) certames (12) cidades (3) ciencia (20) ciencia-ficción (4) cine (27) club de lectura (4) comic (26) compromiso (82) concursos (41) conferencia (9) congresos (5) contacontos (10) Cosmos (29) cuca (5) cuestionario (4) curta (2) dereitos humanos (53) deseño (4) dicionarios (8) didáctica (16) discapacidade (7) DiversidadeCultural (8) documentais (6) educación (80) efemérides (169) encontros con escritores (14) enlaces (244) enquisas (8) ensaios (1) entrevista (2) entroido (8) Escola de Atenas (1) exposicións (49) expresión oral (2) familia (5) familias (4) ficha (1) filosofía (6) física (2) fomento da lectura (143) fondos (1) formación de usuarios (6) formularios (1) fotografía (6) galego (5) Galicia (41) graduación (4) guías (3) HªEscritura (18) HªOlimpiadas (9) historia (46) homenaxe (65) humor (19) ilustración (8) inglés (40) iniciativas (10) intercambio (4) interculturalidade (14) internet (13) latín (2) letras galegas (52) LIBROS (148) linguas estranxeiras (8) literatura (86) manualidades (2) matemáticas (10) medio ambiente (22) microrrelatos (1) mitoloxía (8) mochilas viaxeiras (1) Morte de Sócrates (1) mulleres (43) MUSE (1) música (49) narrativa (40) natureza (2) Nobel (3) noticias (38) obituario (23) obradoiro (3) Odisea (1) OPINIÓN (2) ortografía (2) patrimonio (18) paz (49) pioneiros (20) poesía (73) premios (42) presentación (14) publicidade (3) química (1) radio (1) RD25Anos (5) recursos (15) revista (2) roteiros (3) S.C.AntiguaGrecia (15) Samaín (6) saúde (6) semana cultural (122) solidariedade (12) teatro (25) textos (1) tics (42) titoría (3) traballo por proxectos (9) traducción (1) tríptico (1) verán (3) viaxes (3) vídeos (93) violencia de xénero (8) votacións (3) xadrez (1) xeografía (6) xogos (15) xornadas (1) xornalismo (3) xubilación (1)

PUBLICACIÓNS POPULARES DA SEMANA

PUBLICACIÓNS POPULARES DO MES

PUBLICACIÓNS POPULARES DE SEMPRE

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Blogue

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE PRIMARIA
Blogues

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA

BIBLIOTECAS GALEGAS DE SECUNDARIA
Blogues

BLOGALIZA

CANAL LECTOR

PASAPALABRA

PORTAL DAS PALABRAS

PROLINGUAPROLINGUAPROLING

TICs

educ@conTIC

WIKISABER